Mahuad Witt, Jorge Jamil

Mahuad Witt, Jorge Jamil

Político ecuatoriano. Foi ministro de Estado de Traballo (1983-1984), deputado (1986-1988 e 1990-1992) e alcalde de Quito (1996). Presidiu a República de Ecuador (1998-2000) polo partido Democracia Popular-Unión Demócrata Cristiana (DP-UDC). En 2000 ditou a dolarización da economía o que provocou unha revolta do exército e do pobo na que foi deposto.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Loja