Maine

Maine

Rexión francesa que antigamente constituía o Condado de Maine, limita ao N con Normandie,, ao O con Bretaña, ao S con Anjou e Turena e ao L con Orléans. Comprende os departamentos de Mayenne e Sarthe e dúas rexións naturais, o Alto Maine e o Baixo Maine. A primeira constitúe a parte oriental de Maine e pertence ao conxunto de terreos secundarios da conca de parís. O Baixo Maine é un altiplano ondulado, onde predominan as rochas graníticas con intrusión de rochas eruptivas. A cidade principal é Le Mans. A agricultura é variada, ao N dominan as forraxes cunha importante explotación gandeira e cultivos como o trigo, as patacas e as froitas, e ao S a vide ocupa unha extensión considerable. A industria téxtil ten forte tradición.