Maine, condado de
Maine, condado de
Territorio, con centro en Le Mans, que Hugo I fixo hereditario no 955. En 1126 pasou aos condes de Anjou. Ao chegar ao reinado o conde Enrique I (Enrique II de Inglaterra), o Rei Filipe II de Francia quitoulle o condado a Xoán I de Inglaterra (1203). Luís IX donoullo ao seu irmán Carlos I, conde de Anjou, e o fillo deste, Carlos II, cedeullo ao conde Carlos I de Valois. Cando morreu o conde Carlos V de Maine (1481), herdou o condado Luís XI de Francia que o incorporou á coroa e que o elevou á categoría de ducado. Foi concedido en 1673, a Luís Augusto de Borbón-Maine (Saint Germain-en-Laye 1670 - Sceaux 1736), fillo de Luís XIV. Á morte do rei, o rexente Filipe, duque de Orléans, desposuíno dos dereitos sucesorios e o ducado pasou á coroa.