Maisky, Mischa

Maisky, Mischa

Violoncelista lituano. En 1966 comezou a estudar con Mstislav Rostropovič no Conservatorio de Moscova. En 1972 emigrou a Israel e en 1973 gañou o Concurso Internacional de Violoncello Gaspar Cassado de Florencia e debutou no New York’s Carnegie Hall coa Pittsburgh Symphony Orchestra. En 1974 estudiou varios meses con Gregor Piatigorsky. Desde 1985 é artista en exclusiva de Deustche Gramophon e converteuse no primeiro músico en gravar integramente as obras de Bach. Colaborou con artistas como Martha Argerich, Zubin Mehta e Guiseppe Sinopoli.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : R&#