Major, John Roy
Major, John Roy
Político. En 1959 ingresou no Conservative Party e foi deputado desde 1979. Foi primeiro secretario de Facenda (1987), ministro de Asuntos Exteriores (1989) e de Facenda (1989-1990), e primeiro ministro (1990). Confirmado no cargo nas eleccións de 1992, desde o inicio do seu mandato sostivo unha pugna cos sectores máis antieuropeístas do seu partido. En 1994 asinou un acordo coa República de Irlanda que fixo posible o inicio das negociacións para a pacificación de Irlanda do N. En 1995, coa crise interna do Conservative Party, foi sometida a votación a súa continuidade como líder. En 1997, foi substituído no cargo de primeiro ministro por Tony Blair, do Labour Party, e dimitiu como cabeza do Conservative Party.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Merton, Londres