Malaquías de Armagh, san

Malaquías de Armagh, san

Abade, bispo e primado de Irlanda. Abade de Bangor (1123), foi bispo de Connor (1125). Como primado de Armagh (1132- 1148) restaurou a disciplina da Igrexa e adoptou a liturxia romana. Realizou dúas viaxes a Roma (1139 e 1148) e introduciu a regra do císter en Irlanda. Canonizado polo Papa Clemente III o 6 xullo de 1190, a súa festividade celébrase o 3 novembro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Armagh

  • Deceso

    Lugar : Claravall, Borgoña