Maldras

Maldras

Rei suevo de Galicia (457?-460), fillo de Massilia. Foi elixido rei polos suevos do convento xurídico Bracarense, fronte á oposición do rei visigodo Teodorico II. Derrotou o exército enviado desde a Galia por Teodorico II e devastou Lusitania (458) mentres o seu fillo, Remismundo atacaba e sometía Galicia. A elección do seu fillo como rei de Galicia, provocou a división e o enfrontamento entre os suevos.