malvís
malvís
Nome científico:
[Turdus iliacus, Fam dos túrdidos]
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Paxaro de plumaxe verde escura manchada de negro no pescozo, no peito e no ventre, e de vermello nos lados do corpo e por debaixo das ás ten dúas riscas claras na cabeza. Non presenta dimorfismo sexual e aliméntase de froitos, caracois, miñocas e insectos. Está distribuído por toda a Península Ibérica como hibernante, e en Galicia é moi abondoso.