mamut
mamut
(< fr mammouth)
s
m
[PALEONT]
Mamífero fósil, da orde dos proboscídeos, dunha grande altura (3 m) e cuns cairos que podían alcazar os 5 m de longo. A súa pel tiña un grosor de 2 cm e atopábase recuberta de pelo longo. Tiñan unha capa adiposa de 10 cm de grosor, que lles proporcionaba unha gran resistencia ao frío. Habitaron en Europa durante o Cuaternario, e pasaron a América do Norte polo estreito de Bering durante a última glaciación.