Mann, Thomas

Mann, Thomas

Escritor alemán. Interesado polo ser humano e o confito entre a intelixencia e a vida, escribiu Die Buddenbrooks (Os Buddenbrooks, 1901), Tonio Kröger (1903) e Der Tod in Venidig (A morte en Venecia, 1912). Durante a Primeira Guerra Mundial desaprobou os ataques do seu irmán Heinrich contra o nacionalismo alemán, reflectidos en Betrachtungen eines Unpolitischen (Consideracións dun apolítico, 1918), aínda que máis tarde se converteu nun fervente defensor das liberdades democráticas. Neste tempo escribiu a súa obra mestra, Der Zauberberg (A montaña máxica, 1924), onde fai unha profunda análise da súa época, e Mario und der Zauberer (Mario e o mago, 1930), unha sátira do fascismo. Exiliouse en 1933, trala chegada de Hitler ao poder, e advertiu aos países democráticos contra o fascismo en Achtung, Europa! (Coidado, Europa!, 1938). Escribiu a tetraloxía Joseph und seine Brüder (Xosé e os seus irmáns, 1933-1943), a biografía novelada de Goethe Lotte in Weimar (1939), Doktor Faustus (1947) e Bekenntnisse des Hochstaplers Felix Krull (Confesións do aventureiro Felix Krull, 1954). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1929).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lübeck

  • Deceso

    Lugar : Kilchberg, Zúric