Mano Negra, La

Mano Negra, La

Organización secreta anarquista andaluza, que se fixo pública en 1883. Fóronlle atribuídos asasinatos, actuacións violentas e delitos comúns. A relación que as autoridades estableceron entre a organización e a Federación de Trabajadores de la Región Española, provocou unha gran represión sobre esta. En 1903 foi revisado o proceso e os presos foron liberados.