manobra

manobra

(< man + obra)

  1. s f
    1. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.

    2. [MAR]

      Conxunto de movementos para posicionar unha embarcación por medio do temón e das velas ou hélices.

    3. [AERON]

      Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha aeronave, provocadas pola acción do piloto sobre os elementos de mando. Clasifícanse en manobras normais de voo, que poden ser básicas (despegue, aterraxe, cambios de altura ou xiros) ou avanzadas, e manobras acrobáticas.

    4. [TRANSP]

      Conxunto de operacións que consisten nunha serie de movementos efectuados por un vehículo automóbil como consecuencia da acción do piloto ou condutor sobre os mandos do vehículo.

    5. [TRANSP]

      Conxunto de operacións que teñen lugar nas estacións para facer trens ou desfacelos, encaixar vagóns ou desencaixalos, cambialos de lugar ou orde, ou ben para cambiar de locomotora ou de vía.

    6. [TRANSP]

      Conxunto de cambios que se efectúan no estado dos sinais, as agullas ou diversos dispositivos, co fin de que os trens sigan un itinerario determinado.

  2. s f [BÉL]

    Serie ordenada de movementos que realizan un corpo de tropas ou unha escuadra como exercicio e, con frecuencia, simulando un combate. OBS: Emprégase normalmente en plural.

  3. s f

    Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.

    Ex: Isto foi unha manobra para expulsar o presidente.

    Confrontacións: intriga, maquinación.

Formas incorrectas

maniobra