Mantegna, Andrea
Pintor italiano. Formouse en Padua, onde realizou interesantes experimentos coa perspectiva na decoración da capela Ovetari da igrexa dos Eremitani (1448-1451) e no retablo da Virxe da igrexa de San Zeno de Verona. Xenro de Iacopo Bellini, recibiu influencias dos pintores desta familia, reflectidas en La morte della Vergine ou Madonna col bambino. En 1460 foi chamado á Corte de Mantua, onde pintou San Sebastino (1476) e Orazione nell’orto e decorou a Camera degli sposi no palazzo ducale (1472-1474). Tras unha viaxe a Roma (1488-1490), fixo a serie Trionfo di Cesare para Federico Gonzaga, Madonna della Vittoria (1495) e Il Parnaso. Nos últimos anos pintou Cristo morto, estudo de anatomía que representaba un magnífico escorzo e a culminación do seu estilo. Como gravador foi un dos primeiros mestres do Renacemento.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Isola di Carturo, Véneto -
Deceso
Lugar : Mantua