Mantis
Mantis
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos depredadores, da familia dos mántidos, que se caracteriza polas súas patas dianteiras, en que a tibia se reprega sobre o fémur, e que utilizan para capturar as presas. Teñen o corpo longo e durante ou despois da cópula, a femia come o macho.