manto
(< lat mantu)
-
s
m
[INDUM]
-
Capa ampla que se poñía sobre as outras vestiduras e cubría desde a cabeza ou os ombros ata os pés.
-
Capa de cerimonia que empregaban os reis ou cabaleiros.
-
Capa que cobre algunhas imaxes da Virxe.
-
-
s
m
[INDUM]
Peza cadrada de roupa de liño, seda, la ou fibra, que se usa para cubrir o pescozo, a cabeza e as costas, por motivos ornamentais ou como abrigo.
-
s
m
Calquera cousa que cobre ou disimula algo.
-
s
m
Capa de graxa que envolve os neonatos ao nacer.
-
s
m
[ZOOL]
-
Repregamento dorsal da masa visceral dos moluscos, dos branquiópodos e dos cirrípedes que pode cubrir o corpo do animal ou soamente unha parte. Ten como función excretar a cuncha e ás veces o manto pode recubrir a cuncha que el mesmo formou.
-
Repregamento cutáneo de tipo membranoso que cobre a túnica dos tunicados.
-
-
s
m
[XEOL]
Capa da Terra comprendida entre a descontinuidade de Mohorovičić e a descontinuidade de Gutemberg. Esténdese desde os 40 Km ata os 2.900 Km e a súa densidade media é de 5,6 g/cm 3 . A codia e a parte superior do manto forman a litosfera, por debaixo da que se atopa a astenosfera. O manto divídese no manto superior, que chega a uns 300 km de profundidade, e suponse composto por olivina e piroxenos, o manto inferior, onde aumenta gradualmente a velocidade de propagación das ondas sísmicas e que se supón formado por silicatos densos e unha zona de transición que se caracteriza por un aumento brusco da velocidade de propagación das ondas sísmicas. O manto xera gran parte da calor que mantén en actividade o planeta, calor que se xera pola descomposición radioactiva de isótopos e que crea as correntes de convección no manto.
-
manto de corremento
[XEOL]
Corpo rochoso que se despraza e superpón sobre outro corpo que orixinalmente se atopaba afastado. No movemento dun manto pódense diferenciar tres etapas. A primeira prodúcese cando o manto emerxe á superficie topográfica submarina ou subaérea. Despois hai un desprazamento por enriba do plano de cabalgamento e, finalmente, hai un emprazamento final, fosilizado por sedimentos.
-
manto freático
[XEOL]
Manto de auga subterránea que se pode atopar nas rochas granulares ou fisuradas, ocupando todos os espacios baleiros entre os grans das rochas ou as fisuras. Ten unha forma homoxénea e un movemento lento en dirección ao mar, e aparece na superficie nos ríos e nas fontes. Nos acuíferos libres, a superficie superior denomínase nivel freático, e coincide co nivel piezométrico, xa que a presión hidráulica é igual á presión atmosférica. Nos acuíferos cativos, onde o manto se atopa limitado entre capas impermeables, o nivel freático non coincide co piezométrico, porque non está en condicións atmosféricas normais. O manto freático é unha gran reserva de auga e a súa explotación está regulamentada.
-
manto vexetal
[BOT]
Formación vexetal ou de terra que cobre unha área extensa.