mantón

mantón

(< manto)

  1. s m

    Pano grande que poñen as mulleres enriba dos ombros e das costas.

  2. mantón de Kashmir [INDUM]

    Mantón feito cun tecido moi fino e adornado con deseños florais e orientais de diversas cores que primeiro se dobraba á metade para formar un cadrado e posteriormente en forma de triángulo que se colocaba sobre os ombros ou cruzado sobre o peito como un dengue. OBS: Tamén se denomina pano de oito puntas.

  3. mantón de Manila [INDUM]

    Mantón que presenta cores e deseños florais moi alegres sobre un tecido moi delicado e cuns flocos que adornan os bordos. Colócase sobre os ombros e ás veces cruzado no peito, aínda que nalgunhas zonas se empregaba cruzado debaixo do xustiño ou da chaqueta, deixando que os flocos asomaran por debaixo, sobre a saia.

  4. mantón meiriño/de la [INDUM]

    Mantón negro ou pardo, de tecido groso para que abrigase do frío e de forma cadrada ou triangular que se elabora coa la de ovella meiriña.

Palabras veciñas

mantisa | manto | mantoideo -a | mantón | Mantoux, reacción de | mantra* | Mantua