Manukau

Manukau

Cidade de Nova Zelanda, situada nun istmo que separa Waitemata de Manukau Harbour, sobre unha ampla   plataforma no mar de Tasmania (281.607 h [2001]). Está integrada na área de Auckland (19 km ao NO), posúe producións de queixo, manteiga e la, e industrias de aluminio, plásticos, fibras sintéticas e maquinaria.