Mar

Mar

Publicación aparecida en Vigo o 15 de outubro de 1938. Dirixida por Joaquín Meléndez, subtitulouse “Boletín informativo de la Federación Gremial de Pósitos Marítimos del Oeste de España” e imprimiuse nos obradoiros da editorial Instituto Monge. Incluíu información xeral sobre a costa, portos, notas históricas da pesca en Galicia e bolsa pesqueira.