Marca
Marca
Diario deportivo publicado en Donostia a partir do 21 de decembro de 1938. Baixo o subtítulo “Semanario gráfico de los deportes”, deulle grande importancia ao material gráfico. En 1940 trasladouse a Madrid e, a partir do 25 de novembro de 1942, editouse en formato saba. En 1984 pasou a formar parte do Grupo Recoletos. En marzo de 2002 cambiou o deseño, e acadou a metade da cota de mercado e converteuse no xornal máis distribuído en España, por riba dos diarios de información xeral. Dirixido por Elías Israel a partir de 2001, inclúe información de máis de 60 deportes, cun papel destacado para o fútbol.