Marchais, Georges
Marchais, Georges
Político francés. En 1947 afiliouse ao Parti Communiste Français (PCF), do que foi secretario xeral entre 1972 e 1994 e apoiou o eurocomunismo. Membro do Parlamento Europeo desde 1979, coa vitoria da esquerda nas eleccións xerais francesas de 1981 iniciou un período de colaboración co goberno que se prolongou ata 1984. Foi reelixido deputado da Assemblée Nationale en 1988 e 1993, e en 1994 dimitiu como secretario xeral do PCF. En 1996 foi acusado de financiamento ilegal e de tráfico de influencias xunto con outros membros do PCF.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Hoguette, Calvados -
Deceso
Lugar : París