Mareas Vivas

Mareas Vivas
[IMAX]

Serie de televisión de produción galega (1998-2002), dirixida por Antón Reixa, Beatriz del Monte, Emilio Mc Gregor e Matías de la Rubia, que se ambientaba na ficticia vila mariñeira de Portozás, na Costa da Morte. Ao longo dos seus episodios mesturábanse numerosas historias de amor, situacións cómicas e temas sociais. Foi unha das series con maior audiencia da TVG, e recibiu o Premio AGAPI 2000 á mellor serie de ficción e ao mellor actor.

Palabras veciñas

mareal | mareante | marear | Mareas Vivas | Maréchal, Joseph | Marechal, Leopoldo | Marées, Hans von