Margarida de Austria ou de Parma
Duquesa de Florencia e de Parma, filla natural do Emperador Carlos V e de Margarida van der Gheist. Casou en 1536 con Alessandro de Medici, duque de Florencia, e en 1539 con Octavio Farnese (Octavio I de Parma). Escollida polo seu medio irmán Filipe II como gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), buscou a colaboración dos elementos moderados da nobreza flamenga, pero a presión dos radicais acentuou as reivindicacións autonomistas e relixiosas dos moderados. Filipe II non quixo ceder no terreo relixioso, polo que as diversas faccións da nobreza flamenga uníronse arredor dos mesmos obxectivos no Pacto de Breda (1566). Filipe II desautorizou a súa política, ao enviar ao país un exército real comandado polo duque de Alba, polo que dimitiu (1567) e se retirou a Nápoles.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oudenarde -
Deceso
Lugar : Ortona