María de Medici
María de Medici
Raíña de Francia. Casou en 1600 con Enrique IV de Francia e despois de ser asasinado (1610), foi nomeada rexente do seu fillo Luís XIII de Francia polo Parlamento. A súa política estivo marcada polo achegamento á coroa hispánica e ao papa, pero tivo que ceder ante os protestantes e as ambicións políticas do partido nobiliario (1614), que conseguiu que perdese a confianza do seu fillo cando subiu ao trono. En 1630, trala Journeé des Dupes, exiliouse.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Colonia