Marica ou Maritsa
Marica ou Maritsa
Río do SL de Europa que nace na aba nororiental do macizo de Rila, en Bulgaria (500 km). Baña este país de O a L, e corre paralelo entre a serra dos Balcáns, ao N, e as do Rodopē, ao S. Rega despois Tracia, e constitúe a fronteira entre Grecia, onde se coñece como Hebros, e a Turquía europea. Desemboca no Mar Exeo, xunto a Enez.