Marín

Marín

Semanario editado en Marín entre o 16 de febreiro de 1913 e o 14 de novembro de 1915. Impreso nos obradoiros da Viúva de Landín e C.Peón (Pontevedra), subtituíu a El Fustazo. Vinculado ao presidente da Deputación de Pontevedra, Antonio Pazos, dirixiuno Raimundo J.Vidal e incluíu información local, crónica política, literatura e manifestou un fondo interese polo problema da emigración.