Marín Formoso, Xaquín Bieito

Marín Formoso, Xaquín Bieito

Pintor e humorista gráfico. É un dos artistas máis representativos do cómic en Galicia, e principal impulsor, xunto con Reimundo Patiño, da banda deseñada galega. Promotor e director do Museo do Humor de Fene e director da revista Sapoconcho, desde a década de 1970 comprometeuse na defensa do uso da lingua galega no cómic e nos medios de comunicación. En 1975 editou con R. Patiño 2 Viaxes, o seu primeiro álbum. Tamén cómpre salientar outros traballos como Gaspariño (1978), Alcacén para gaitas (1980), Dos pés á testa (1986), O ABC do cómic (1995), Feito a man (1997) e Malfeito bufón (2003), ademais da súa colaboración en obras doutros autores.   Colaborador de numerosos medios de comunicación como Can sen dono, Chan, La Codorniz, Diario16, Golfiño, El Ideal Gallego, Das Kapital, Luzes de Galicia, A Nosa Terra, Teima e, desde 1988, en La Voz de Galicia, realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, en Madrid e Barcelona, e noutras cidades europeas como Lorient. Coa crise do Prestige, promoveu a exposición Humor Cru e participou no álbum colectivo H2Oil (2003). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo (1984 e 1989), o Premio Ourense de Banda Deseñada (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol