Mariupol

Mariupol

Cidade de Ucraína, situada na oblast’ de Donets’k, no mar de Azov (491.282 h [1998]). Cidade portuaria con balnearios e instalacións turísticas, posúe construcións mecánicas e industrias químicas. Entre 1948 e 1991 recibiu o nome de Ždanov.