Martelo, pazo de
Martelo, pazo de
Construción situada en Rianxo. A construción orixinal derrubouse e levantouse o edificio actual a finais do s XVII e principios do s XVIII. Ten planta rectangular a dúas alturas e cuberta a catro augas con tellado de tella coroado por unha claraboia. Na fachada presenta unha solaina abalaustrada sostida por canzorros, que ocupa toda a fronte, e onde destacan os escudos debuxados por Castelao para a revista Nós, situados nas esquinas. Foi rehabilitado como biblioteca pública segundo o proxecto do arquitecto Rafael Baltar Tojo. Foi declarado Ben de Interese Cultural (1973).