Martí Pérez, José Julián

Martí Pérez, José Julián

Político, escritor e xornalista. Coñecido como José Martí, foi líder da independencia cubana e, desterrado a España (1875), escribiu textos políticos. Fundou a Revista Venezolana e dirixiu Patria de Nova York. Representou consularmente a Arxentina, Uruguay e Paraguay en Nova York, cidade na que fundou o Partido Revolucionario Cubano e desde a que preparou activamente a insurrección cubana con Antonio Maceo e Máximo Gómez. Con este último asinou o Manifiesto de Montechristi (1895), onde sentaron as bases programáticas da Guerra de Independencia de Cuba. Foi un escritor romántico e precursor do modernismo. Da súa produción literaria destacan Versos Sencillos (1891) e Ismaelillo y versos libres (1892). No campo do ensaio político escribiu Nuestra América, e dos seu libros propagandísiticos destacan El presidio en Cuba (1871) e La república española ante la revolución cubana (1873). En 1895 recibiu o grao de maior xeneral do Ejército Libertador, e ese mesmo ano morreu en combate.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Habana

  • Deceso

    Lugar : Dos Ríos, Granma