Martini, Simone
Martini, Simone
Pintor italiano. Principal representante da escola de Siena, en 1315 pintou o fresco da Maestà para o Palazzo Pubblico de Siena, influído por Duccio di Buoninsegna e o gótico francés. En Nápoles pintou S. Ludovico da Tolosa incorona il fratello Roberto d’Angiò (1317), en Pisa o Polittico di santa Caterina (1319) e de novo en Siena realizou Guidoricio da Fogliano (1328) para o Palazzo Pubblico e Vita di San Martino na basílica inferior de Asís. Xunto co seu colaborador Lippo Memmi pintou l’Annunciazione (1333). Desde 1340 residiu en Aviñón, onde fixo amizade con Petrarca e fundou unha escola de pintores que influíu na evolución do gótico internacional.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Siena -
Deceso
Lugar : Aviñón