Martiño V
Martiño V
Papa (1417-1431). De nome Oddone Colonna, a súa elección polo Concilio de Constanza (1414-1418) provocou a fin do Cisma de Occidente. Combateu os husitas e as teorías conciliaristas, que limitaban a autoridade pontificia. Foi contrario ao dominio aragonés sobre Nápoles e non obstante chegou a un acordo con Afonso V de Aragón para que retirase o seu apoio ao antipapa Benedicto XIII.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Genazzano -
Deceso
Lugar : Roma