Mas, Arxiu
Mas, Arxiu
[IND/ARTE]
Arquivo fotográfico conformado por preto de 350.000 fotografías que constitúen un retrato iconográfico da Catalunya de comezos do s XIX. O arquivo foi creado e organizado en 1900 por Adolf Mas i Ginestà , que o dotou con 100.000 negativos. Nesta tarefa continuou o seu fillo Pelagi Mas i Castanyeda (Barcelona 1891-1954). A maior parte das imaxes foron o resultado dunha campaña que a Mancomunidade de Catalunya e o Institut d’Estudis Catalans encargaron a Adolf Mas por Catalunya e que despois se estendeu ao resto do Estado español (1920). Consérvase no Institut Amatller D’Art Hispanic (1941), en Barcelona.