masa

masa

(< lat massa)

    1. s f

      Mestura que resulta de incorporar un líquido a unha substancia sólida ou pulverizada, como fariña, barro ou area.

    2. masa pilular [MED]

      Mestura consistente formada polos principios activos e os excipientes e que se prepara previamente á confección das pílulas. Ten forma de magdaleón, que se talla posteriormente en anacos iguais para formar a pílula.

    1. s f

      Cantidade grande dunha substancia sen forma concreta.

    2. masa de aire [METEOR]

      olume grande de aire cunhas características físicas homoxéneas, principalmente en canto á temperatura e humidade, o que permite individualizalo respecto doutras masas que o rodean. Clasifícanse segundo as características térmicas e a súa orixe.

  1. s f
    1. Gran número de persoas, consideradas un conxunto en que ninguén se diferencia.

    2. Clase traballadora e popular.

    3. [PSICOL]

      Grupo de xente que se deixa manipular. OBS: Úsase xeralmente en plural.

  2. s f [DER]

    Conxunto de bens dunha herdanza ou dunha bancarrota familiar ou empresarial.

  3. s f [ENX/FÍS]

    Conxunto de pezas metálicas dunha instalación eléctrica, unidas electricamente entre elas e ao soporte ou base. A miúdo está conectada a terra.

    1. s f [FÍS]

      Magnitude invariable definida na mecánica clásica como a relación constante que hai entre a forza aplicada a un punto material e a aceleración que lle produce. Esta relación entre a forza, a aceleración e a masa, debida a Newton, constitúe o fundamento da dínamica clásica.

    2. masa atómica [FÍS]

      masa atómica.

    3. masa crítica [FÍS]

      Mínimo de masa de material fisible que debe introducirse nun reactor nuclear para conseguir unha reacción en cadea. Depende do tipo e da forma xeométrica do material fisible empregado.

    4. masa eléctrica [FÍS]

      carga eléctrica.

    5. masa específica [FÍS]

        densidade.

    6. masa magnética [FÍS]

        polo magnético.

    7. masa volúmica [FÍS]

      Masa da unidade de volume.

    8. número de masa/ [FÍS/QUÍM]

      número másico.

  4. masa encefálica [ANAT]

    encéfalo.

  5. masa visceral [ANAT]

    Rexión dorsal do corpo dos moluscos onde se sitúan a maior parte das vísceras do animal.

Frases feitas

  • 1 Multitude compacta de persoas ou cousas. Ex: Cando chegan, veñen todos en masa.

  • 2 En gran cantidade. Ex: Fixo un despido en masa.

  • Coas mans na masa. Sorprender a alguén facendo algo que se sospeitaba. OBS: Emprégase con verbos de tipo coller, pillar ou pescar.

  • En masa loc adv