Masma

Masma

Río da vertente cantábrica. Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro, baña parte dos concellos do Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz, onde desemboca no mar formando a ría de Foz, despois de percorrer 40 km. Ao longo deste percorrido recibe a maior parte dos afluentes pola marxe esquerda, como o Pedrido, o Cesuras, o Tronceda, o Fiqueiras e o Oirán, mentres que pola dereita recibe o Esteiro, o Coira e o Valiñadares.