Mata i Garriga, Marta
Mata i Garriga, Marta
Pedagoga. Licenciada en Pedagoxía (1957), participou na creación da escola Talitha (1956), e en 1965 fundou a Escola de Mestres Rosa Sensat. Traballou na aprendizaxe da lectura e editou a obra Quadres de fonologia per a l aprenentatge de la lectura i l escriptura catalá (1974), en colaboración con J. M. Cormand (versión castelá, 1975). Foi concelleira de Barcelona, asumindo responsabilidades de educación e cultura, e impulsou o Instituto Municipal d Educació de Barcelona, e senadora en dúas lexislaturas polo PSC-PSOE. Desde maio de 2004 preside o Consejo Escolar del Estado.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona