matador -ra

matador -ra

(< matar)

  1. adx

    Que resulta moi pesado ou esgotador.

    Ex: Hoxe levo todo o día cun sono matador. Ten un traballo matador. É matador ter que escoitar algo tan aburrido.

    Confrontacións: criminal.
  2. s

    Persoa que mata a outra.

    Ex: Condenárono por ser o matador de moita xente inocente.

  3. s m

    matachín.

  4. s

    Toureiro que mata o touro co estoque.

    Ex: A actriz casou cun famoso matador de touros.

    Sinónimos: espada.

Palabras veciñas

Matadepera | Matadi | matadoiro | matador -ra | matafión | matafogo | Matagalpa