matronimia
matronimia
(< lat matre ‘nai’ + gr: ονομα ‘nome’)
s
f
[ANTROP/CULT]
Costume social polo que os fillos antepoñen o apelido da nai ao do pai. Este costume ten dúas variantes: unha é a que está vixente nalgúns países como Portugal, e a outra consiste no feito de que cando o título dunha familia nobre ou liñaxe recae nunha muller, os fillos desta e descendentes desa rama poden manter como primeiro apelido o da nai.