Matthieu, Noël
Matthieu, Noël
Poeta occitano en lingua francesa. Coñecido como Pierre Emmanuel, a súa poesía está moi influída polos románticos alemáns (Hölderlin) e os autores ingleses (Hardy e Hopkins). Caracterizouse pola súa percepción catastrofista do mundo moderno a través do espírito. Da súa obra destacan os libros de poemas Tombeau d’Orphée (1941), Sodome (1944), Babel (1952), Versant d l’âge (1958) e La vie terrestre (1975), así como a recompilación Grand Oeuvre (1984). Foi elixido membro da Académie Française en 1968 e renunciou en 1975.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Gau, Gascoña -
Deceso
Lugar : París