Maurín Juliá, Joaquín

Maurín Juliá, Joaquín

Anarquista. Promoveu os Comités Sindicalistas Revolucionarios (1922), afiliouse ao PCE (1924) e cofundou o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), do que foi secretario. Foi deputado pola Frente Popular. Ao final da Guerra Civil Española foi condenado a 30 anos de reclusión, e despois de ser indultado en 1947, exiliouse en Nova York. Escribiu Los hombres de la ditadura (1930), La revolución española (1932), Hacia la segunda revolución (1935) e Revolución y contrarrevolución en España (1966).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bonansa, Huesca

  • Deceso

    Lugar : Nova York