Maurolicus

Maurolicus
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes, da familia dos esternoptiquídeos, que se caracteriza por presentar o corpo oblongo, comprimido lateralmente, coa aleta anal con radios moi pequenos e fotóforos na parte ventral do corpo e da cabeza. A especie máis coñecida é M. muelleri, co dorso entre pardo e azul verdoso, cos lombos e o pescozo prateados. Posúe fotóforos azuis ou vermellos e unha luminiscencia verde amarela tirando a vermella. Vive formando bancos entre 100 a 400 metros de profundidade.