Mauss, Marcel
Mauss, Marcel
Sociólogo e antropólogo francés. Considérase o fundador da etnoloxía en Francia e o introdutor na escola sociolóxica francesa dunha concepción funcionalista e estruturalista, prolongada e desenvolvida posteriormente por Lévi-Strauss. Foi discípulo de Durkheim e colaborou con el na revista L’Année Sociologique, da que tamén foi director. Das súas obras destacan Essai sur la nature et la fonction du sacrifice (1899), con Henri Hubert, La sociologie, objet et méthode (1901), con Fauconnet, Essai sur le don. Forme et raison de l’échange dans les sociétés archaïques (1923-1924), Les techniques du corps (1934) e Manuel d’ethnographie (1947).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Épinal -
Deceso
Lugar : París