maxistrado -da
(< lat magistrātu)
-
s
m
[HIST]
Persoa que tiña un cargo público, na Antigüidade clásica. Nas cidades gregas estes cargos eran propios dos cidadáns libres e a súa distribución efectuábase por elección ou sorteo. En Roma, nun principio, as maxistraturas limitábanse aos patricios, pero posteriormente pasaron a ocupalas tamén cidadáns plebeos, e distinguíase entre maxistrados maiores (cónsules, ditadores, pretores e magistri euqitum), que tiñan dereito ás fasces; e maxistrados menores (edis curuis, cuestores e tribunos militares).
-
s
-
Persoa que desempeña un cargo público importante.
Ex: Os maxistrados das nacións reuníronse para acadar unha solución.
-
[DER]
Funcionario que se encarga de administrar xustiza e aplicar a lei.
Ex: O maxistrado condenouno a tres anos de cárcere.
-
[DER]
Funcionario da administración de xustiza do Estado español, que forma parte do poder xudicial, exercendo as súas funcións nun órgano xurisdicional colexiado, e que pode desempeñar o seu cargo na Audiencia Nacional, nos Tribunais Superiores de Xustiza, nas Audiencias Provinciais, ou nos xulgados de primeira instancia ou instrución, do contencioso administrativo, do social, de menores ou de vixilancia penitenciaria.
-