maxistral
maxistral
(< lat magistrāle)
-
adx
Relativo ou pertencente aos mestres ou ao maxisterio.
-
adx
Que está feito con mestría ou que a demostra.
Ex: Fixeron un traballo maxistral.
-
adx
Aplícase ao ton ou á linguaxe que presenta aire de suficiencia.
Ex: Falou toda a conferencia cun ton maxistral.
-
adx
[HIST]
Aplícase á liña que no plano dunha fortificación antiga facía a función principal no trazado.
-
adx
[MED]
Aplícase ao preparado prescrito por un médico e que se elabora para un caso particular.
-
cóengo maxistral
[RELIX]
Cóengo de oficio das catedrais e colexiatas encargado da predicación. O cargo estendeuse a partir do s XV e o Concordato de 1851 fíxoo obrigatorio en España.