Mayor Zaragoza, Federico
Mayor Zaragoza, Federico
Bioquímico e político. Doutor en Farmacia pola Universidad de Madrid (1956) e director do centro de bioloxía molecular do CSIC, ocupou a carteira ministerial de Educación e Ciencia (1981-1982). En 1987 converteuse en membro do Parlamento Europeo e director xeral da UNESCO, cargo que renovou en 1993. Publicou, ademais de numerosos traballos científicos, os libros de poemas A contraviento (1985) e Terral (1997), e os ensaios Un mundo nuevo (1999) e UNESCO: un idéal en action (1996). Foi nomeado doutor honoris causa por distintas universidades, como as de Montevideo, Autónoma de Barcelona, Extremadura, València, Córdoba e Granada. En 1995 a Generalitat de Catalunya outorgoulle o premio Blanquerna.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona