mazateco -ca

mazateco -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo mazateco ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo mazateco.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habita nas proximidades de Huantla e Teotitlán (Oaxaca). En época precolombina os mazatecos poboaban a rexión chamada olmeca, no estado de Veracruz.

  4. s m [LING]

    Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo mazateco.

Palabras veciñas

mazarota | Mazarredo y Salazar, José de | Mazarrón | mazateco -ca | Mazatlán | Mazcuerras | mazdakismo