Mazzini, Giuseppe
Mazzini, Giuseppe
Político italiano. En Marsella fundou a sociedade secreta Nova Italia (1831) e un xornal homónimo (1832), desde o que se promovía a unidade italiana baixo un sistema republicano. En 1833 fuxiu a Xenebra e en 1834 creou a sociedade secreta Nova Europa, para favorecer os nacionalismos e a fraternidade europea. Expulsado do país, refuxiouse en Londres (1837) onde retomou o labor da Nova Italia. Coa revolución de 1848 en París, marchou a Milán e Roma, onde foi deputado e triunviro da república (1849).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xénova -
Deceso
Lugar : Pisa