McClintock, Barbara

McClintock, Barbara

Botánica e xenetista estadounidense. Especializouse en xenética vexetal na Universidade de Cornell, onde se doutorou en 1927, ingresou no departamento de xenética da Institución Carnegie de Cold Spring Harbour (1942) e foi admitida na Academia de Ciencias de EE UU (1944). Descubriu que a recombinación xenética vai acompañada sempre dun intercambio de ADN entre os cromosomas homólogos, e tamén os transposóns do millo. En 1983 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento de elementos xenéticos móbiles.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hartford, Connecticut

  • Deceso

    Lugar : Nova York