McLaughlin, John

McLaughlin, John

Guitarrista e compositor inglés. Recibiu a influencia de Django Reinhardt e tocou con músicos como Eric Clapton ou Mick Jagger. En 1969 viaxou a EE UU, onde colaborou en diversas gravacións con Miles Davis. Pertenceu a varios grupos (Mahavishnu Orchestra, Shakti ou The Translators) e publicou discos como Birds of Fire (1973) ou A Handful of Beauty (1977), marcados polo seu estilo jazz rock con influencias hindús.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Yorkshire