McMillan, Edwin Mattison
McMillan, Edwin Mattison
Físico estadounidense. Estudiou no Instituto de Tecnoloxía de California e na Universidade de Princeton, onde se doctorou en 1932. Traballou na Universidade de California e dirixiu o Laboratorio de Radiación Lawrence. Descubriu os elementos transuránicos neptunio (Np) e plutonio (Pu), inventou o sincrociclotrón e contribuíu ás investigacións sobre enerxía nuclear. En 1951 recibiu, xunto con Glenn T. Seaborg, o premio Nobel de Química polo descubrimento dos transuránidos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Redondo Beach, California -
Deceso
Lugar : El Cerrito, California