mecanismo

mecanismo

(< lat mechanisma)

  1. s m [TECNOL]
    1. Estrutura complexa das partes dunha máquina.

    2. Conxunto de elementos mecánicos que fan unha función determinada dentro do conxunto dunha máquina ou dun aparato máis complexo.

    3. Maneira en que opera unha máquina.

    4. Manexo dun instrumento ou dunha máquina.

  2. s m

    Maneira de funcionar, de desenvolverse ou de organizarse algo.

    Ex: Xa aprendeu o mecanismo de traballo.

    Sinónimos: mecánica.
  3. s m [MÚS]
    1. Medio mecánico para producir o son nos instrumentos musicais, conectado habitualmente a teclas ou botóns.

    2. Movemento físico tendente a obter, cunha parte ou outra do corpo, os sons musicais dun instrumento, como, por exemplo, os movementos dos dedos polo piano.

Palabras veciñas

mecanicismo | mecanicista | mecánico -ca | mecanismo | mecanizable | mecanización | mecanizar